Ayudas y subvenciones para instalación de ascensores de la Xunta de Galicia

Plan Vivenda 2009-2012
ACTUACIÓNS PROTEXIDAS 1. Actuacións para mellorar a eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente nas vivendas, e a utilización de enerxías renovables: ·         Instalación de paneis solares, a fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria demandada polas vivendas, en polo menos, o 50 % da contribución mínima esixible para edificios novos segundo o no Código Técnico da Edificación. ·         Mellora da envolvente térmica do edificio para reducir a súa demanda   enerxética, mediante actuacións como o incremento do illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, ou outras, sempre que se demostre a súa eficacia enerxética, considerando factores como a severidade climática e as orientacións. ·         Calquera mellora nos sistemas de instalacións térmicas que incrementen a súa eficiencia enerxética ou a utilización de enerxías renovables. ·         Mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que   favorezan o aforro de auga así como a realización de redes de saneamento separativas no edificio que favorezan a reutilización das augas grises no propio edificio e reduzan o volume de vertido ao sistema público de   sumidoiros. ·         Cantas outras sirvan para cumprir os parámetros establecidos nos documentos Básicos do Código Técnico da Edificación DB-HE de aforro de enerxía, DB-HS Salubridade, e DB-HS, protección contra o ruído.  2. Actuacións para garantir a seguridade e estanquidade dos edificios ·         Calquera intervención sobre os elementos estruturais do edificio, incluída a cimentación, que estea destinada a reforzar ou consolidar as súas deficiencias. ·         Instalacións eléctricas, co fin de adaptalas á normativa vixente. ·         Calquera intervención sobre os elementos da envolvente afectados por humidades.  3. Actuacións para a mellora da accesibilidade ao  edificio:
Consideraranse actuacións para a mellora da accesibilidade as tendentes a adecuar os edificios á Lei de Propiedade Horizontal.  En particular:
·         A instalación de ascensores ou adaptación dos mesmos ás necesidades de persoas con discapacidade ou ás novas normativas que houberan entrado en vigor  tras a súa instalación. ·         A instalación ou mellora de ramplas de acceso aos edificios, adaptadas ás necesidades de persoas  con  discapacidade. ·         A instalación ou mellora de dispositivos de acceso aos edificios adaptados a persoas con discapacidade sensorial. ·         A instalación de elementos de información que permitan a orientación  no uso de escaleiras e ascensores. ·         Obras de adaptación das vivendas ás necesidades de persoas con    discapacidade ou  maiores de 65 anos.  PRESUPOSTO PROTEXIDO:
O presuposto protexido será o custo total das obras a realizar sobre os elementos comúns e instalacións xerais (incluídas as necesarias sobre as partes afectadas nas vivendas e locais)
Coas seguintes limitacións:
·         Máximo 90 metros cadrados útiles por vivenda resultante da actuación ou local afectado por ela. ·         Para garaxes e anexos, a superficie máxima será de 25 e 8 metros cadrados respectivamente. ·         A contía máxima do presuposto protexido por metro cadrado útil non pode superar o 70% do módulo básico estatal vixente no momento da calificación provisional da actuación.  IMPRESCINDIBLE: ·         Polo menos o 25% do presuposto das actuacións protexidas ten que estar dedicado a: ·         Utilización de enerxías renovables, ·         Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio ambiente e ·         Accesibilidade do edificio  BENEFICIARIOS
Poden ser beneficiarios:
·         O promotor da actuación ·         Os propietarios e inquilinos autorizados ·         As  comunidades de propietarios Sempre que:·         Non incorran nas prohibicións para ser beneficiario do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de  Galicia. ·         Non ter obtido axudas financeiras nin préstamos convidos, para o mesmo tipo de actuación ao abeiro de plans estatais ou autonómicos os 10 anos anteriores á solicitude actual. ·         Destinar á vivenda a domicilio permanente e habitual durante 5 anos Os ingresos familiares das persoas beneficiarias non poderán exceder de 6,5 IPREM, cando se trate da rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos. Nunha ficha aparte poderá ver a táboa de ingresos.
Cando a rehabilitación teña por obxecto os elementos comúns, ou a totalidade do edificio para destinalo a arrendamento, as condicións dos beneficiarios serán as mesmas que as das vivendas protexidas para arrendamento
O préstamo Convido.
Con ou sen subsidiación, acompañadas, neste último caso, de subvencións aos promotores que se abonarán a través do IGVS.
·         A resolución de concesión do préstamo  pode facerse efectiva ante  calquera entidade de crédito colaboradora do Plan de Vivenda. ·         O préstamo poderá alcanzar a totalidade do presuposto protexido. ·         Tipo de xuro fixo ou  variable, fixado e revisado anualmente polo  Consello de Ministros. ·         Non terán comisión ningunha. ·         Estará garantido con hipoteca. ·         As cotas serán constantes ao largo da vida do préstamo, dentro de cada un dos períodos de amortización. ·         O prazo de amortización do préstamo: Iniciarase coa expedición da Cualificación definitiva, será de 15 anos como máximo. ·         O período de carencia será de ata 2 anos ampliable a 3 anos coa autorización da comunidade autónoma e o acordo da entidade de crédito.  Poderán obter o préstamo para financiar a actuación protexida de Rehabilitación dun edificio:·         Os propietarios ou ocupantes das vivendas, con independencia dos seus ingresos familiares. ·         Os locais, cando se trate de rehabilitación de elementos comúns e participen nos custos de execución.  A subsidiación dos préstamos convidos:
É un desconto da cota mensual do préstamo, que se estenderá a toda a vida do préstamo.
É incompatible coa subvención á rehabilitación de edificios solicitada pola comunidade de propietarios.
No cadro seguinte podemos ver as contías da subsidiación por cada fracción de 10.000 € do préstamo:

 

Titular do préstamo
  Arrendatario ou propietario de 1 ou varias vivendas no edificio Titular de 1 ou varias vivendas arrendadas suxeitas a prórroga forzosa anteriores á entrada en vigor LAU
Nivel de ingresos   Inferiores a 6,5 IPREM   Non se esixe este requisito
Contía da subsidiación por cada 10.000€ de préstamo   140€ anuais   175€ anuais
 A subvención: Promotores
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.
Comunidades de propietarios
A subvención é incompatible coa subsidiación do Préstamo convido.
Abónase polo IGVS.
Contía da subvención: ·         Máximo 10% do presuposto protexido ·         Límite de 1.100 €/vivenda  Ademais, poderán obter una subvención, os propietarios ou ocupantes da vivenda, promotores da Rehabilitación, cando: ·         Ingresos familiares no excedan de 6,5 IPREM ·         Contía máxima: 15 % presuposto protexido ·         Límite de 1.600 €/vivenda con carácter xeral ·         Límite de 2.700 €/vivenda, cando: o    Sexan maiores de 65 anos o    Persoas con discapacidade o    As obras se destinen á eliminación de barreiras ou á adecuación da vivenda ás súas necesidades específicas  INCOMPATIBILIDADES:
Non poderán obter a financiación deste programa as actuacións en vivendas emprazadas en:
- ARIS (Areas de Rehabilitación Integral)- ARUS (Areas de Renovación Urbana).Non será obxecto de axudas financeiras a rehabilitación de locais.Non esqueza:
A suma das axudas financeiras estatais e as da Comunidade Autónoma, así como doutras Administracións ou organismos públicos, nacionais ou internacionais, non poderá superar o 75% do custo do orzamento protexible.
Cando se trate da rehabilitación dunha vivenda unifamiliar illada que precise obras de rehabilitación, a financiación será a que corresponda á actuación predominante
 ¿QUE TEN QUE FACER?
Presentar a solicitude de cualificación da actuación como protexida.
Cando saia  a orde de convocatoria, solicitar as axudas no modelo normalizado da orde xunto coa documentación técnica e persoal que se indica no anexo da solicitude.
Realizar as obras nos termos da resolución de concesión, previa obtención das licencias e permisos preceptivos segundo a normativa sectorial.
Rematadas as obras, deberá aportarse a documentación xustificativa da súa realización.